O mércores 18 imos a Galiciencia, a maior feira sobre ciencia educativa en Galicia. Presentaremos o noso xogo robótico chamado Pin-Jocker. Durante os próximos días subiremos as fotos e os vídeos do proxecto.
Esperamos que vos guste!
Blog de actividades de robótica e programación do CEIP. PLURILINGÜE CARBALLAL-CABRAL.
martes, 17 de noviembre de 2015
martes, 10 de noviembre de 2015
PREPARANDO O PROXECTO PARA GALICIENCIA
Como
dentro dunhas semanas imos ir a Galiciencia a presentar o noso
proxecto de xogo robótico chamado Pin-Jocker, a profe Melanie
presentounos ao seu amigo Hugo que é enxeñeiro. Foi moi interesante
coñecelo xa que a mestra non estudou como profesión a enxeñería
e el si.
Axudounos moito cos experimentos da luz e fixémoslle traballar porque como el é moi alto pedímoslle que nos tapara unha ventá para que non entrara nada de luz na aula. Tamén nos axudou coa programación e o deseño do taboleiro de xogo e tamén nos explicou moitas cousas interesantes como que os sensores funcionan na escuridade porque usan a luz infravermella.
Foi moi amable e divertido. Gustounos moito como explicaba e tamén os seus exemplos. Ensinounos cousas novas que non sabiamos nós nin a mestra para o proxecto de robótica. A visita foi incrible porque calquera cousa que lle pedías que te axudara o facía, aínda que nos tería gustado que pasara máis tempo con todos e non só co grupo dos experimentos dese día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)