viernes, 29 de enero de 2016

DESCARGA SCRATCH NO TEU ORDENADOR

Dende o seguinte enlace podes descargar Scracth no teu ordenador https://scratch.mit.edu/scratch_1.4/

Se tes unha tableta o que podes facer é descargar a app chamada Scracht Jr. Esta aplicación ten moitas limitacións en comparación co programa de ordenador, pero é moito máis intuitiva.
Ti decides!

miércoles, 20 de enero de 2016

COMEZAMOS A PROGRAMAR CON SCRATCH!

Para empezar o noso camiño como programadores e programadoras imos visitar uns dos sitios de referencia para todos os que queren aprender a programar dende cero. 

A páxina do MIT sobre Scracth contén moitos recursos interesantes, pero hoxe vos invito a que coñezades outros proxectos feitos con esta linguaxe de programación premendo no seguinte link https://scratch.mit.edu/starter_projects/ 
Aquí ademais de ver cantas cousas divertidas se poden facer, podedes premer no botón que di "MIRA DENTRO" para ver como está programado cada exemplo; tamén podedes modificalo e gardar a vosa versión. Recordade que para facer esto é necesario que os vosos pais/nais ou algún adulto responsable de vos se rexistre na páxina do MIT.