martes, 17 de noviembre de 2015

IMOS A GALICIENCIA!

O mércores 18 imos a Galiciencia, a maior feira sobre ciencia educativa en Galicia. Presentaremos o noso xogo robótico chamado Pin-Jocker. Durante os próximos días subiremos as fotos e os vídeos do proxecto.
Esperamos que vos guste!

martes, 10 de noviembre de 2015

PREPARANDO O PROXECTO PARA GALICIENCIA

Como dentro dunhas semanas imos ir a Galiciencia a presentar o noso proxecto de xogo robótico chamado Pin-Jocker, a profe Melanie presentounos ao seu amigo Hugo que é enxeñeiro. Foi moi interesante coñecelo xa que a mestra non estudou como profesión a enxeñería e el si. 




















Axudounos moito cos experimentos da luz e fixémoslle traballar porque como el é moi alto pedímoslle que nos tapara unha ventá para que non entrara nada de luz na aula. Tamén nos axudou coa programación e o deseño do taboleiro de xogo e tamén nos explicou moitas cousas interesantes como que os sensores funcionan na escuridade porque usan a luz infravermella. 
















Foi moi amable e divertido. Gustounos moito como explicaba e tamén os seus exemplos. Ensinounos cousas novas que non sabiamos nós nin a mestra para o proxecto de robótica. A visita foi incrible porque calquera cousa que lle pedías que te axudara o facía, aínda que nos tería gustado que pasara máis tempo con todos e non só co grupo dos experimentos dese día.