viernes, 10 de marzo de 2017

AMELIA EARHART

En homenaxe ao día internacional da muller, este ano preparamos un videoxogo sobre a aviadora estadounidense Amelia Earhart. Fixemos ademais unha pescuda sobre a súa vida e un manifesto para reivindicar o día da muller. Vos deixamos uns vídeos dos videoxogos, en breve estarán subidos á rede para que todas e todos os menos poidades xogar.



BIOGRAFÍA
Naceu en Kansas, EEUU, un 24 de xullo de 1897; desapareceu no Océano Pacífico o 2 de xullo de 1937, aos 39 anos de idade. Foi aviadora que conseguiu grandes marcas, e tamén foi a primeira persona e intentar dar a volta o mundo polo ecuador.

1908 e cando subiu ao seu primeiro avión

No ano 1920 asistiu a un espectáculo  aéreo en Long Beach, e conseguiu que a levaran a bordo dun biplano, no que voou 10 minutos sobre os Ánxeles.

A súa primeira clase deulla a súa instrutora Anita Neta Snook, outra pilota pioneira. Mentres aprendía, sufriu algun que outro accidente. A súa profesora non lle daba moito crédito  coma aviadora.

En 1922 recibiu o premio de Altitude, chegou ata alcanzar os 4.267 metros de altura. 

O 26 de abril de 1927 Amelia recibiu unha chamada do Capitán Railey, preguntoulle se quería ser a primeira muller en cruzar o Atlántico, ela aceptou ir de copiloto.

Foi a primeira muller en  cruzar sola o Atlántico, co avión “Loock Heed Electra 10 E, e por elo recibiu a  Cruz do Aviador. Solo levaba con ela termos con sopa e latas de tomate esmagado.

No ano 1934 foi a primeira persoa en voar dende Hawaii ata California e despois a Washington, xa o habían intentado 10 pilotos, pero morreran no intento.

No ano 1937 emprendeu a volta ao mundo polo ecuador, que é a distancia mais longa para dar a volta a Terra, xunto cun copiloto e dous técnicos. Cando estaba a punto de rematar a penúltima etapa, perdeuse o contacto co seu avión e inda que EEUU volcouse na súa pescuda, nunca máis volveuse a saber de ela.

Hay varias teorías sobre a súa desaparición.
1- Que fose capturada por algún país asiático enimigo e morrera nuncampo de concentración para presos.
2- Que se estrellase contra o mar cando intentaba tomar terra na illa Nikomororo.
3- Que conseguira tomar terra e sobrevivise como naufraga varias semanas ou meses ata morrer por falta de recursos.


Esta última hipótese parece ser a máis posible, xa que se encontraron osos e obxectos nunha das illas, e todo indica que pode ser dela.




VIDEOXOGOS SOBRE A SÚA VIDA

Fase 1: O primeiro xogo consiste en que o avión de Amelia ten que chegar a unha nube, que está a 10.000 pes de altura, esquivando morcegos e bolboretas. Esta fase relata o récord que Amelia acadou ao subir ata 10.000 pes de altura no ano 1922.



Fase 2: O segundo xogo consiste en chegar dende unha illa a outra cruzando o Océano Atlántinco esquivando parrulos. Esta fase relata o récord que Amelia acadou sendo a primeira muller en facelo.




Fase 3: O terceiro xogo consiste en que Amelia faga un aterrizaxe co seu avión nunha illa esquivando catro cangrexos. Esta fase relata a última aventura de Amelia, cando quiso ser a primeira pessoa en dar a volta ao mundo polo ecuador, no ano 1937.







MANIFESTO

Amelia Earhart é un bo exemplo porque consideramos que é unha muller moi valente.
Ela foi piloto, e na súa época considerábase unha profesión masculina.
Demostrou que as mulleres podían facer cousas que se consideraban de homes, obtendo non só bos resultados, se non marcas por enriba das conseguidas polos homes.
O día internacional da muller é importante porque nos recorda que debemos loitar pola igualdade de dereitos que os homes.
As mulleres teñen o mesmo dereito a traballar ou estudar, elixindo o que lles guste e cobrando o mesmo polo seu traballo.