Neste curso, na aula de 4 anos tamén
levamos a cabo unha
introdución a robótica e ao pensamento lóxico. Este
traballo tivo unha acollida e unha aceptación moi boa por parte de todo o
alumnado. Para traballar a
robótica utilizamos un rato-robot, que xa lles presentara na última semana do curso de 3 anos.
A robótica, traballouse dun xeito lúdico, como un
recanto máis da aula, pero sempre supervisado pola mestra, quen
plantexaba ao alumnado os retos. Os retos, consisten sempre no mesmo, o rato
ten que facer o camiño axeitado, pasando polas baldosas verdes, para chegar ao
seu prezado bocado(o queixo).
Traballouse pasando por diferentes etapas de dificultade gradual, utilizando diferentes tipos de agrupamentos: en dous grandes grupos, por parellas e finalmente de xeito individual.
Foi
unha experiencia marabillosa e os nenos quedaron encantados, que mágoa
que chegou o Covid-19 e non puidemos seguir desfrutando da sesión de
robótica, pero esperamos volver a retomala para o vindeiro curso.
Aquí tendes unha mostra dos momentos co robot: