Blog de actividades de robótica e programación do CEIP. PLURILINGÜE CARBALLAL-CABRAL.
martes, 1 de octubre de 2019
viernes, 10 de marzo de 2017
AMELIA EARHART
En homenaxe ao día internacional da muller, este ano preparamos un videoxogo sobre a aviadora estadounidense Amelia Earhart. Fixemos ademais unha pescuda sobre a súa vida e un manifesto para reivindicar o día da muller. Vos deixamos uns vídeos dos videoxogos, en breve estarán subidos á rede para que todas e todos os menos poidades xogar.
BIOGRAFÍA
Naceu en Kansas, EEUU, un 24 de xullo de 1897; desapareceu no Océano Pacífico o 2 de xullo de 1937, aos 39 anos de idade. Foi aviadora que conseguiu grandes marcas, e tamén foi a primeira persona e intentar dar a volta o mundo polo ecuador.
1908 e cando subiu ao seu primeiro avión
No ano 1920 asistiu a un espectáculo aéreo en Long Beach, e conseguiu que a levaran a bordo dun biplano, no que voou 10 minutos sobre os Ánxeles.
A súa primeira clase deulla a súa instrutora Anita Neta Snook, outra pilota pioneira. Mentres aprendía, sufriu algun que outro accidente. A súa profesora non lle daba moito crédito coma aviadora.
En 1922 recibiu o premio de Altitude, chegou ata alcanzar os 4.267 metros de altura.
O 26 de abril de 1927 Amelia recibiu unha chamada do Capitán Railey, preguntoulle se quería ser a primeira muller en cruzar o Atlántico, ela aceptou ir de copiloto.
Foi a primeira muller en cruzar sola o Atlántico, co avión “Loock Heed Electra 10 E, e por elo recibiu a Cruz do Aviador. Solo levaba con ela termos con sopa e latas de tomate esmagado.
No ano 1934 foi a primeira persoa en voar dende Hawaii ata California e despois a Washington, xa o habían intentado 10 pilotos, pero morreran no intento.
No ano 1937 emprendeu a volta ao mundo polo ecuador, que é a distancia mais longa para dar a volta a Terra, xunto cun copiloto e dous técnicos. Cando estaba a punto de rematar a penúltima etapa, perdeuse o contacto co seu avión e inda que EEUU volcouse na súa pescuda, nunca máis volveuse a saber de ela.
Hay varias teorías sobre a súa desaparición.
1- Que fose capturada por algún país asiático enimigo e morrera nuncampo de concentración para presos.
2- Que se estrellase contra o mar cando intentaba tomar terra na illa Nikomororo.
3- Que conseguira tomar terra e sobrevivise como naufraga varias semanas ou meses ata morrer por falta de recursos.
Esta última hipótese parece ser a máis posible, xa que se encontraron osos e obxectos nunha das illas, e todo indica que pode ser dela.
VIDEOXOGOS SOBRE A SÚA VIDA
Fase 1: O primeiro xogo consiste en que o avión de Amelia ten que chegar a unha nube, que está a 10.000 pes de altura, esquivando morcegos e bolboretas. Esta fase relata o récord que Amelia acadou ao subir ata 10.000 pes de altura no ano 1922.
Fase 2: O segundo xogo consiste en chegar dende unha illa a outra cruzando o Océano Atlántinco esquivando parrulos. Esta fase relata o récord que Amelia acadou sendo a primeira muller en facelo.
Fase 3: O terceiro xogo consiste en que Amelia faga un aterrizaxe co seu avión nunha illa esquivando catro cangrexos. Esta fase relata a última aventura de Amelia, cando quiso ser a primeira pessoa en dar a volta ao mundo polo ecuador, no ano 1937.
MANIFESTO
Amelia Earhart é un bo exemplo porque consideramos que é unha muller moi valente.
Ela foi piloto, e na súa época considerábase unha profesión masculina.
Demostrou que as mulleres podían facer cousas que se consideraban de homes, obtendo non só bos resultados, se non marcas por enriba das conseguidas polos homes.
O día internacional da muller é importante porque nos recorda que debemos loitar pola igualdade de dereitos que os homes.
As mulleres teñen o mesmo dereito a traballar ou estudar, elixindo o que lles guste e cobrando o mesmo polo seu traballo.
martes, 29 de marzo de 2016
UN PASEO MOI PERSONAL
Partindo deste xogo que consiste en ir de paseo en globo mentras rescatas diferentes personaxes, debes facer un novo xogo. Ten que ter os mesmos obxectivos, pero a historia debe acontecer noutro entorno diferente, como pode ser o espazo estelar ou no fondo do mar. Tes que diseñar e trocar non só os elementos da paisaxe, senón o vehículo no que viaxas e os obxectos ou personaxes que tes que rescatar. A programación sen embargo vai ser a mesma, así que fíxate moi ben no xogo orixinal.
Xogo orixinal de paseo en globo:
Guía paso a paso do xogo orixinal:
Vídeo tutorial do xogo orixinal:
Non esquezades a vosa creatividade, así que a darlle personalidade o xogo!
Fonte: http://aprendescratch.com/
miércoles, 9 de marzo de 2016
Animación básica en Scratch
Lee la siguiente propuesta de juego en Scratch y después mira el vídeo tutorial:
http://aprendescratch.com/2015/10/05/actividad-en-scratch-para-la-hora-del-codigo-educacion-primaria-o-secundaria/
Desarrolla el juego paso a paso:
https://aprendescratchdotcom1.files.wordpress.com/2015/10/actividad-en-scratch-para-dc3ada-del-cc3b3digo.pdf
http://aprendescratch.com/2015/10/05/actividad-en-scratch-para-la-hora-del-codigo-educacion-primaria-o-secundaria/
Desarrolla el juego paso a paso:
https://aprendescratchdotcom1.files.wordpress.com/2015/10/actividad-en-scratch-para-dc3ada-del-cc3b3digo.pdf
miércoles, 2 de marzo de 2016
Clase 2/3/16
Una de muchas soluciones al Reto 1:
Prueba ahora el siguiente reto. Es parecido pero los bloques de programación a utilizar son diferentes:
Para los más avanzados, una serie de retos consecutivos:
viernes, 29 de enero de 2016
DESCARGA SCRATCH NO TEU ORDENADOR
Dende o seguinte enlace podes descargar Scracth no teu ordenador https://scratch.mit.edu/scratch_1.4/
Se tes unha tableta o que podes facer é descargar a app chamada Scracht Jr. Esta aplicación ten moitas limitacións en comparación co programa de ordenador, pero é moito máis intuitiva.
Ti decides!
Se tes unha tableta o que podes facer é descargar a app chamada Scracht Jr. Esta aplicación ten moitas limitacións en comparación co programa de ordenador, pero é moito máis intuitiva.
Ti decides!
miércoles, 20 de enero de 2016
COMEZAMOS A PROGRAMAR CON SCRATCH!
Para empezar o noso camiño como programadores e programadoras imos visitar uns dos sitios de referencia para todos os que queren aprender a programar dende cero.
A páxina do MIT sobre Scracth contén moitos recursos interesantes, pero hoxe vos invito a que coñezades outros proxectos feitos con esta linguaxe de programación premendo no seguinte link https://scratch.mit.edu/starter_projects/
Aquí ademais de ver cantas cousas divertidas se poden facer, podedes premer no botón que di "MIRA DENTRO" para ver como está programado cada exemplo; tamén podedes modificalo e gardar a vosa versión. Recordade que para facer esto é necesario que os vosos pais/nais ou algún adulto responsable de vos se rexistre na páxina do MIT.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









