lunes, 22 de junio de 2020

Iniciándose na Robótica en Infantil

Neste curso, na aula de 4 anos tamén levamos a cabo unha introdución a robótica e ao pensamento lóxico. Este traballo tivo unha acollida e unha aceptación moi boa por parte de todo o alumnado. Para traballar a robótica  utilizamos un rato-robot, que xa lles presentara na última semana do curso de 3 anos.
A robótica, traballouse dun xeito lúdico, como un recanto máis da aula, pero sempre supervisado pola mestra, quen  plantexaba ao alumnado os retos. Os retos, consisten sempre no mesmo, o rato ten que facer o camiño axeitado, pasando polas baldosas verdes, para chegar ao seu prezado bocado(o queixo).
Traballouse pasando por diferentes etapas de dificultade gradual, utilizando diferentes tipos de agrupamentos: en dous grandes grupos, por parellas e finalmente de xeito individual. 
Foi unha experiencia marabillosa e os nenos quedaron encantados, que mágoa que chegou o Covid-19 e non puidemos seguir desfrutando da sesión de robótica, pero esperamos volver a retomala para o vindeiro curso.
Aquí tendes unha mostra dos momentos co robot:



domingo, 15 de diciembre de 2019

Por fin chegaron os kits de Robótica! 
Que emoción!!!


Chegaronnos 6 robots!!! 
E teñen moitos sensores! 

Cantas cousas vamos a poder facer con eles!!!

lunes, 18 de noviembre de 2019

Programa "Introdución a robótica educativa" 


No mes de xullo saía esta nova nos xornais, e este curso decidimos non deixar pasar a oportunidade de sumarnos a un proxecto, que de feito no noso centro xa empezou a funcionar no ano 2015, coa profesora Melanie. Pero a dotación de robots que este programa nos pode aportar a materia de libre configuración de robótica, resulta moi atractiva, asique presentamos o proxecto, e o pasado venres saiu o listado definitivo de centros que se incorporan ao programa neste curso. 
E o noso centro é un dos admitidos!!! Bravoooo!